Hai uns cantos dias que a nova saltaba aos xornais, aqui tedes un exemplo na Voz de Galicia, o Partido Popular de Javier Dominguez apuntaba directamente á concelleria de cultura e festexos do Concello de Poio como a causante de que o reparto das subvencións aos grupos e colectivos culturais do noso concello non sexan todo o transparente que deberia de ser, dias despois, unha información achegada ao mail deste blogue explicaba un pouco mellor o porqué das sospeitas do Partido Popular local.

Polo que semella, a Escola de Música Tradicional de Poio, de recente creación, leva recibidas xa nos seus escasos tres anos de vida varias subvencións elevadas, estamos a falar de varios millóns das antigas pesetas, o cal particularmente non me parece nada malo, hai que apoia-la música e cultura tradicional, pero a concelleria de cultura ben sabe que en Poio hai outros grupos máis antigos e que na actualidade están traballando case en precario, non hai que ser demasiado espabilado e cando menos si moi obxectivo, para saber que me estou a referir a Vides Novas. Calqueira pode ollar-las condicións nas que esta xente, que semana tras semana e ano tras anos levan traballando por espalla-la nosa cultura pola nosa bisbarra e por todo o territorio galego desenvolven o seu traballo, nunha antiga escola, sen ningún tipo de insonorización, sen calefacción, sen as mínimas condicións para imparti-las clases, e que curran o inconfesable para poderse pagar unhas palletas ou uns pallóns, posto que apenas ninguén lles bota unha man, efectivamente reciben unha subvención do Concello de Poio, pero algo que semella practicamente simbólico se o comparamos coas millonarias achegas que Xose Lois Martinez Blanco, a la postre concelleiro de Cultura e Festexos e tamén presidente da Escola de Música Tradicional (coincidencias desta vida) lles outorga ano tras ano á dita Escola, e que suman xa ao redor dos 40.000 euros, entrementres os de Vides Novas a currar coma condenados para poderse pagar un disco compacto que é a súa ilusión e que lles suporia darse a coñecer, xa non digo a toda Galiza, senón alomenos aos seus veciños e ao mundo da gaita de Poio e bisbarra.
Dende aqui agardamos que a Concelleria de Cultura e Festexos de Poio aplique outra vara de medir no tema das subvencións a grupos folclóricos e asociacións culturais do concello, non pode ser que uns reciban 12.000 € anuais con menos de tres anos de vida, e outros 900 € tendo unha traxectoria de máis de dez anos ás súas costas, e que conste que nin son alumno deles nin teño relacións algunha, que máis quixera eu que saber coller unha gaita ou un tambor na man.